Reforma de Bar Restaurante “La Cueva” en O Porriño.

Un dos locais máis antigos e emblemáticos da vila porriñesa.
A idea principal era mellorar a súa funcionalidade e renovar a estética sen perder a súa esencia. Optamos por combinar materiais nobres como a madeira e o metal coa calidez dunha gran parede de pedra rehabilitada, tendo moi en conta a iluminación directa e indirecta que xoga un papel moi importante na totalidade do deseño. No interior da barra deseñamos mobiliario exclusivo para unha mellor comodidade e funcionalidade.

  • LOCALIZACIÓN Rúa Ramón Gonzalez nº15, O Porriño
  • ANO 2016