Reforma de cociña en O Porriño.

Unha vez analizadas as carencias de espazo e luminosidade e aproveitando a situación dun comedor adxacente das mesmas características, optamos pola unificación de ambas estancias e a redistribución completa da cociña. Deste xeito conseguimos paliar as necesidades anteriores, unha mellor funcionalidade e crear unha estética cálida e agradable.

  • LOCALIZACIÓN Rúa Pío XII, O Porriño
  • ANO 2017