Somos un estudio de interiorismo novo e creativo, que ten por filosofía a creación de espazos que sexan funcionais, facendo bo uso dos materiais e da luz e proxectando deseños economicamente rentables.
Para que isto suceda, é necesario unha boa comunicación cas persoas, atender e entender as súas necesidades e manter un trato personalizado en todas as etapas do proxecto, dende que nace a idea ata que remata a obra. No que respecta ó interiorismo comercial, creamos deseños orixinais e creativos que aporten exclusividade para así axudar a revalorizar o negocio.

O estudio conta coa colaboración externa de profesionais, ofrecendo así un servizo máis completo; provedores de mobiliario, execución de obra, xestión de licenzas, imaxe corporativa…

 

 

 

Estudio A nace en 2016 dirixido por Ana Porto Bugarín.

  • Deseñadora de Interiores pola EASD Antonio Failde
  • Técnica superior en desenrolo e aplicación de proxectos de construción.
  • Técnica en maquetación 3D e infografías (Autocad 3D e 3D Max Studio).
  • Gañadora do Terceiro premio en concurso autonómico “Proxecto Finais de Carreira Mi Casa 2013”.